Nekane Fernández
Facilitadora en CañizaNatura
Nekane Fernández: ao mesmo tempo que estudaba a carreira de psicoloxía, alá polos anos 80, cursei estudos de teatro nunha escola de Coruña, Danthea. Logo comecei a traballar con marionetas en diferentes compañías e máis tarde, xa en Santiago, como actriz profesional en teatro, televisión e, ocasionalmente, en cine. Mais estas dúas liñas, a psicoloxía e o teatro sempre existiron, e por tempos alonxeime e achegueime a cada unha delas. Fixen un doutorado en Teatro e pouco a pouco esas dúas liñas convertíronse nunha soa, a que hoxe me ocupa.
Considero o teatro como unha oportunidade de traspasar a personaxe que representamos habitualmente na vida, tan limitado, para chegar a outros aspectos máis profundos, escondidos, e que están agardando a ser vistos, aceptados, integrados e expresados. Por tanto, o teatro é un dador de vida, un canal para expresar o que non fas habitualmente. Un modo de facer visible o invisible dun xeito singular e único.
Sempre recordarei como momentos especialmente vitais e felices na miña vida, os cursos de Teatro aos que teño asistido: clown, cabaret, teatro do oprimido, interpretación; tamén agora coa fomación gestalt…momentos nos que das un salto do cotidiano cara a unha experiencia emocionante, chisporroteantemente intensa, e amplificadora do teu ser.
Agora teño a ilusión de ensinar o que aprendín, e estas experiencias me guían. Poder axudar a que a persoa multiplique as suas posibilidades de expresión e atope os seus dons e tesouros, esta é unha das miñas paixóns. A outra, traballar como actriz e ter experiencias que me leven a visitar e mostrar as miñas paisaxes interiores.
teléfono 653 474 085 |
email capes36@hotmail.com |
https://nekanefdez.wordpress.com/ |
ACTIVIDADES QUE FACILITA
HORARIOS
MARTES 21 | Adult@s
12:25 a 14:15 “TeatroVida” facilita Nekane Fernández
MIÉRCOLES 22 | Jóvenes
12:25 a 14:15 “TeatroVida” facilita Nekane Fernández
Gracias por hacerlo posible!
Saber que encuentros así existen me hacen tener fe en que un renacer desde la conciencia y el amor esta sucediendo! Gracias por hacerlo posible! 🙏🌻🍃
Un espacio de encuentro
Cañiza Natura es un espacio de encuentro donde el Alma se quita sus ropajes habituales y se viste de colores, los colores de la naturaleza, de la creatividad, de la emoción de reencontrarse consigo misma y con otras almas que también van en el camino de caminar más...
Vida.. he sentido vida en mi
Festival cañiza natura Vida..he sentido vida en mi En la naturaleza me recompongo. En las personas tan despiertas gozosas que vi y en lo que sucedía. Alegría ,fluidez ,posibilidad, verdad. No hay filtros. Estar en el ser. Juego presente que guía. . Relaciones que se...