JUEGO LIBRE
EL TALLER
*Seguridade e autonomía adquirida pola propia toma de decisións, onde se evita o condicionamento adulto para ancorar o coñecemento que está capacitadxs a integrar de maneira natural.
*Xogo simbólico. Creación de escenarios onde repetirán situacións pracenteiras e elaborarán aquelas que resultaron penosas ou xeraron impresión vital para a descarga e compensación a través de sentirse dono/a da vivencia reproducida.
*Interacción continua entre a súa actividade manual e crecemento intelectual a nivel de percepción, memoria, pensamento e linguaxe. “O pensamento é resultado do xogo”
*Desenvolvemento das capacidades motoras. Póñense de manifesto o sistema vestibular e propioceptivo. Establecen os seus propios limites físicos e emocionais nunha contorna segura e dende o seu instinto primario. Achegándose a aquelo que lles reporta pracer e tomando distancia do que xera disfunción ou perigo
*Medio para a resolución de conflitos:
–Internos. Ofrecese a compensación de necesidades non satisfeitas, investimento dos papeis (obediencia/autoridade), liberación e extensión do propio eu.
–Sociais. Laboratorio para aprender a interactuar, ceder, protestar, esixir, colaborar, tolerar, enfadarse, empatizar e aprender deste proceso que explota non sempre en silencio pero o que non hai que temer, si non máis ben acoller precisamente para que cheguen a etapa adulta con ferramentas para abordalos.
“Tras a demanda dun obxecto o que hai e a demanda de amor”
*Expansión da integración sensorial. Exposición que precisa o cerebro a texturas, formas, colores, olores…
O SOPORTE DE XOGO….
Na dinámica empregaranse;
- Materiais non estruturados en combinación con outros brinquedos que sirvan de soporte para o xogo simbólico.
- Material para a expresión artística e plástica
- O propio espazo e os elementos naturais que este presente como elemento de xogo
- Recursos de Intelixencia emocional
- Liberdade para o movemento libre dentro da zona acoutada e sostén afectivo-emocional.
DÍA y HORARIO
SÁBADO 18 | Niñ@s 2 a 4 años
10:00 a 14:00 Juego libre facilita Lucia Ordoñez
DOMINGO 19 | Niñ@s 2 a 4 años
10:00 a 14:00 Juego libre facilita Lucia Ordoñez
LUNES 20 | Niñ@s 2 a 4 años
10:00 a 14:00 Juego libre facilita Lucia Ordoñez
MARTES 21 | Niñ@s 2 a 4 años
10:00 a 14:00 Juego libre facilita Lucia Ordoñez