OBRADOIRO DE SEXUALIDADE
EL TALLER
A nosa proposta xira entorno a unha viaxe na que poder ollar á sexualidade dende un enfoque amplo e variado. Traballar novos contidos para experimentar accións asociadas a unha vivenza positiva da sexualidade.
Experimentación, coñecemento, reflexión e boas sensacións serán os eixes condutores da viaxe.
A finalidade principal deste taller é investigar un pouco no coñecemente de nos mesmas e dos demais, do concepto de sexualidade, da súa amplitude e da dimensión que este termo ten nas nosas vidas.
Nun primeiro momento daremos unha volta polo concepto de sexualidade, intentaremos chegar a un acordo sobre o que esta palabra implica para cada un de nós e o seu significado. Para continuar outra importante reflexión, imos traballar sobre nós mesmos/as. Analizaremo-las nosas actitudes ante a sexualidade, xa que pensamos que é fundamental á hora de enfocar este tema coñece-los nosos medos, as nosas lagunas, as nosas ideas, as veces mais equivocadas do que nós pensamos, os nosos mitos e os estereotipos que nos rondan.
É imprescindible unha información que abarque non só os coñecementos anatómicos e biolóxicos do sexo e o proceso de procreación, senon todos aqueles que, de algún xeito, contribuen a acadar un grado de madurez psicoafectiva que corresponde a cada idade. Información que deberá ser veraz, adaptada psicolóxicamente e integrada nas áreas e momentos apropiados dos ámbitos pedagóxicos.
As consecuencias dunha información con estas características son sempre positivas, principalmente por canto se evitan sentimentos de vergonza, ignorancia e culpabilidade.
A necesidade dunha información sexual adecuada axuda a adquirir mais coñecementos, e canto mais coñecemento e comprensión da sexualidade teñan as rapazas e os rapaces, mais posibilidades terán de adoptar actitudes positivas e axeitadas que lle axuden a tomar opcións mais libres e desenvolver comportamentos mais acordes cos seus desexos.
OBXECTIVOS
Concienciación da propia identidade sexual.
Dignificar a intimidade como eixo da identidade persoal.
Aportar coñecementos sobre sexualidade en todas as súas dimensións. Fomentar actitudes positivas hacia a sexualidade propia e dos demais.
CONTIDOS
Concepto de sexualidade. Identidade sexual. Afectividade e sexualidade. Desexo sexual. ( o pracer ).
As sexualidades diversas, respeto á diferencia. Construcción da sexualidade en liberdade
METODOLOXÍA:
As fotografías que acompañan a esta proposta é un reflexo do noso xeito de traballar, o grupo está permanentemente ocupado tanto movendo a súa cabeza como movendo o seu corpo. Unha metodoloxía dinámica, de participación, creativa e vivencial, facilita que a persoa integre os conceptos do mesmo xeito no que os vive, porque a sexualidade é dinámica, participamos todas dela, é un xeito de crear e crecer e sobre todo é un xeito de vivir.
DÍA y HORARIO
SÁBADO 20 | Adolescentes
10:00 a 11:45 “Obradoiro de sexualidade” facilita Débora Baz
DOMINGO 21 | Adolescentes
10:00 a 11:45 “Obradoiro de sexualidade” facilita Débora Baz